sábado, 22 de junio de 2019

Fin de curso!

Chegou o momento, o final do noso primeiro curso no “cole dos maiores”. Toca facer balance, e este non podería ser máis positivo. En primeiro lugar darvos as grazas a vós familias,por un lado pola vosa colaboración e as magníficas aportacións ao noso traballo diario, e por deixarnos ser partícipes da educación dos vosos fillos e fillas.
Por outra banda grazas a vós meus pitiños azules por facerme disfrutar deste marabilloso  curso, compartindo  comigo os voso sorrisos, ledicia e agarimo, e tamén os vosos choros e enfados, que tamén houbo....
Desfrutade moito das merecidas vacacións e pasade un moi no verán!

”Todos los aprendizajes más importantes de la vida se hacen jugando”
(Francesco Tonucci)


VÉMONOS EN SETEMBRO!

lunes, 17 de junio de 2019

Festival Fin de Curso!

Chega o momento de dar a coñecer o cartaz do festival de fin de curso, e como non, de convidarvos á actuación dos vosos fillos e fillas.

Esperámosvos o xoves 20 de xuño.

viernes, 14 de junio de 2019

Parabéns!

Este venres celebramos o cumple dos nenos e nenas que están de aniversario no verán. Moitas felicidades Xue, Lidia e Mateo, a merenda estaba boísima. En pouco tempo acolleredes en anos aos vosos compañeiros e compañeiras que xa teñen 4.



jueves, 13 de junio de 2019

Cabaliño de Pao!

O pasado venres fomos de visita ás instalacións de “Cabaliño de Pao” centro ecuestre onde Ofelia, Raúl e Xerardo nos recibiron cos brazos abertos. Foi unha experiencia marabillosa onde desfrutamos cos cabalos Chispa e Sira e dun fermoso paseo polo “Paseo dos Namorados”.
Todos os pitiños azules montamos a cabalo, camiñamos pola beira do río Xunco, foi un día xenial!


miércoles, 12 de junio de 2019

O noso horto!

Que ledicia da ver que o noso traballo produce os seus froitos! Esta mañá recollimos unhas deliciosas fresas do horto de infantil e uns bos repolos. Que lles fixemos? Pois as fresas non puidemos resistirnos a probalas, e os repolos foron directos á cociña para que Lourdes, Paz e Fina os preparen e todo os nenos e nenas do comedor poidan  degustalos.

Moitas grazas Inés pola túa paciencia e agarimo e por ensinarnos tanto!


martes, 11 de junio de 2019

Pinto o Mundo de Cores!

Aproveitando tanto o día da poesía como  as actividades da Microrrede da Mariña, os nenos e nenas da clase dos azuis traballamos o poema “Pinto o Mundo de Cores”, xogamos, decoramos, recitamos,... e o resultado foi fermoso. Deixámosvos o resultado para que o desfrutedes.




miércoles, 5 de junio de 2019

Vermes de seda!

Os nosos vermiños seguen medrando, estamos esperando impacientes a que fagan o seu casulo. Como comen! Están devorando todas as follas que lles botamos, polo que se queredes colaborar e tedes preto algunha moreira achegádenos unhas folliñas para que coman. Mentres tanto nos seguímolos coidando con moito agarimo!